Campionato de España por Clubes Feminino – XXIX Copa S.M. A Raíña

O CH CORUÑA, SUBCAMPIÓN

Este sábado celebraron nas instalacións deportivas de Anaitasuna, en Pamplona, o CAMPIONATO DE ESPAÑA POR CLUBES FEMININO – COPA S.M. A RAÍÑA.

Participaron 12 equipos, clasificados entre os 18 conxuntos que competiron no Play Off da Liga Nacional Absoluta.

O equipo coruñés chegaba a Pamplona co palmarés máis salientable, con 6 títulos, 4 deles ininterrompidos nas últimas catro edicións. Porén, desta vez, malia realizar unha boa competición, tiveron que conformarse coa medalla de prata, xa que o conxunto catalán de Molins del Rei foi superior este ano.

Ao terceiro chanzo do podio subiu o equipo de AC Gandía, cunha diferenza mínima.

Foi unha gran xornada para as nosas deportistas, xa que se proclamaron subcampioas da Copa S.M. A Raíña.

A composición do noso equipo foi a seguinte:

Irene Martínez, Irene Blanco, Ruth Fuentefria, Giovanna Ulloa e Digna Silo.

Publicacións similares