🏋️ Campionato de España Júnior de Halterofilia

12 medallas (5 de ouro) para o Club Halterofilia Coruña

Esta fin de semana os deportistas sub20 do Club Halterofilia Coruña desprazáronse a Zarautz (Euskadi) onde no pavillón municipal Araba Kalea se disputou o Campionato de España Júnior. A competición realizouse durante toda a xornada do sábado e pola mañá do domingo. Inscribíronse 151 deportistas, 82 femininas e 69 masculinos, de todo o territorio nacional, unicamente os que nas fases previas estableceran as marcas mínimas fixadas para este campionato. O noso club desprazou unha delegación formada por 9 levantadores, 2 femininas e 7 masculinos. Estes foron os resultados e clasificacións dos nosos representantes nas modalidades de arrancada, dous tempos e total olímpico respectivamente:

🏆 Campionato de España Júnior Masculino

CategoríaDeportistaArrancadaDous TemposTotal Olímpico
65 kgsTiago Larramendi109 (ouro)130 (prata)239 (ouro)
65 kgsDarío Barros97 (4)115 (4)212 (4)
79 kgsCarlos Roibal100 (11)115 (14)215 (10)
79 kgsIker Barreto92 (15)115 (13)207 (14)
79 kgsEzequiel Granado108 (6)130 (7)238 (6)
94 kgsDaniel Rey112 (4)131 (4)243 (4)
110 kgsDaniel García117 (bronce)145 (prata)262 (bronce)

🥇 Campionato de España Júnior Feminino

CategoríaDeportistaArrancadaDous TemposTotal Olímpico
77 kgsPaula Canedo80 (bronce)100 (bronce)180 (bronce)
86 kgsDigna Silo90 (ouro)105 (ouro)195 (ouro)

Tiago Larramendi, despois do subcampionato do ano 2024, conseguiu o título nacional júnior e Digna Silo, con 17 anos, defendeu o seu título na categoría que vai ata os 20 anos.

Publicacións similares