CAMPEONATO DE ESPAÑA SUB-15

21 medallas para Galicia
18 para o Club Halterofilia Coruña

Este fin de semana do 28 de xuño, as xoves promesas da nosa federación desprazáronse a Salamanca, onde no polideportivo municipal «Miguel de Unamuno» disputouse o Campionato de España Sub-15.

A competición realizouse durante toda a xornada do sábado desde as 09:00 da mañá.

Inscribíronse 131 deportistas, 81 femininas e 50 masculinos, de todo o territorio nacional, unicamente aqueles que nas fases previas estableceron as marcas mínimas establecidas para este campionato.
A nosa federación desprazou unha delegación formada por 15 levantadores, 10 femininas e 5 masculinos.

Estes foron os resultados e clasificacións dos nosos representantes nas modalidades de arrancada, dous tempos e total olímpico respectivamente:

Campionato de España Sub-15 Masculino

cat. 55 kgs
Luis Álvarez C.H. Coruña
48(8) 58(9) 106(9)

cat 73kgs
Marcos Lorenzo C.H. Coruña
71(prata) 90(prata) 161(prata)

cat 81kgs
Daniel García C.H. Coruña
75(prata) 90(prata) 165 (prata)

cat 89 kgs
Daniel Rey C.H. Coruña
87(ouro) 105 (prata) 192(prata)

Campionato de España Sub-17 Feminino

cat 49 kgs
Gisela Villadóniga C.H. Coruña
32(11) 42( 12) 74(12)
Lucia Agra C.H. Coruña
44(bronce) 51(4) 95(bronce)

cat 55 kgs
Amaya Puga C.H. Coruña
42(8) 50(9) 92(9)

cat 59 kgs
Camino Coira C.H. Coruña
39(10) 45(10) 84(10)
Helena Bello C.H. Vigo
41(7) 58(6) 99(6)

cat 64 kgs
Xiana Perez C.H. Cambre
54(bronce) 70(bronce) 124(bronce)

Amarachi Uhomwonsere C.H. Coruña
45(6) 52(7) 97(7)

cat 71 kgs
Sariah Taibo C.H Coruña
50(bronce) 58(4) 108(4)

Cat 81 kgs
Digna Silo C.H. Coruña
72(ouro) 90(ouro) 162(ouro)

cat +81 kgs
Johana Osayande C.H. Coruña
65(ouro) 79(prata) 144(ouro)

Durante a competición Digna Silo estableceu cinco récords de España na súa categoría e superou a marca mínima de participación para o Campionato de Europa sub15 que se celebrará en Moldavia o próximo mes de xullo.

No campionato feminino por federacións autonómicas
Galicia finalizou no terceiro posto. O gañador foi Cataluña, o segundo Andalucía.

Entre os masculinos o conxunto masculino clasificouse no cuarto posto.
O podio foi para Valencia, Andalucía e Canarias.

Publicacións similares