CAMPIONATO DE ESPAÑA JUNIOR DE HALTEROFILIA

11 medallas (6 de oro) para o Club Halterofilia Coruña

O fin de semana do 13 de xulio, os deportistas sub-20 do Club Halterofilia Coruña desprazáronse a Valencia onde se disputou o Campionato de España Junior no pavillón “BENICALEP”. A competición desenvolveuse durante toda a xornada do sábado dende as 8:30 da mañá ata altas horas da noite. Inscribironse 138 deportistas, 76 mulleres e 62 homes, de todo o territorio nacional, unicamente aqueles que nas fases previas estableceran as marcas mínimas establecidas para este campionato.

O noso club desprazou unha delegación formada por 11 levantadores, 6 mulleres e 5 homes.

A nosa gran ausente foi Ruth Fuentefría, 6ª clasificada no pasado Campionato do Mundo Absoluto e favorita das medallas de ouro na categoría de 49 kg de peso corporal. Non puido asistir á cita nacional debido a unha lesión sufrida no coto esquerdo o pasado 18 de maio nun test celebrado no Centro de Alto Rendimento de Madrid e que necesitará un longo tempo de curación. Estes foron os resultados e clasificacións dos nosos representantes nas modalidades de arrancada, dous tempos e total olímpico respectivamente:

Campionato de España Junior Masculino

  • cat. 55 KGS Arís Salaño 70(5) 85(5) 155(5)
  • cat. 61 kgs Tiago Larramemdi  95(prata) 115(prata) 210(prata)
  • cat 67kgs Darío Barros C.H. Coruña 96(bronce) 118(4) 214(prata)
  • cat 89 kgs José París 110(7) 135(7) 245(7) Daniel García  105(9) 120(10) 225(10)

Campionato de España Junior Feminino

  • cat 55 kgs Leticia Cuns 51(13) 64(12) 115(13)
  • cat 59 kgs Jennifer Tocuyo  65(5) 75(10) 140(8) Vega García  65(6) 73(11) 138(10)
  • cat 64 kgs Carol Abeleira 57(8) 78(6) 135(7)
  • Cat 81 kgs Digna Silo C.H. Coruña 80(ouro) 95(ouro) 175(ouro)
  • cat 87 kgs Paula Canedo 75(ouro) 95(ouro) 170(ouro)

Tamén participou fóra de competición e realizando o test de preselección para o Campionato de Europa sub-23 a deportista coruñesa Irene Blanco, superando en 4 kg a marca esixida na categoría de 76 kg de peso corporal, con 200 kg no total olímpico.

Publicacións similares