Copa Federación Sub-16 y Sub-18

Sábado 11 de febreiro de 2023 iniciou a tempada de halterofilia coa Copa Federación Sub-16 e Sub-18, en categorías masculina e feminina, que se celebrou no Pavillón Municipal de Alzira (Valencia).
Este campionato corresponde aos Campionatos de España de Clubes nas catro categorías de base.

A esta competición clasificáronse representando á nosa comunidade os seguintes 6 equipos:

Sub-16 masculino: C.H. Coruña “A” e C.H. Coruña “B”

Sub-16 feminino: C.H. Coruña “A” e C.H. Coruña “B”

Sub-18 masculino: C.H. Coruña

Sub-18 feminino: C.H. Coruña

Lembrar que nesta competición participan os equipos que militaron na Liga Nacional Escolar do ano 2022 e clasificáronse entre os 5 primeiros da súa categoría. A nosa federación é a que tivo máis representación, xa que entre os 20 equipos participantes 6 pertenceron a CH Coruña.

As clasificacións obtidas por estes equipos nas 4 categorías detállanse a continuación:

Cat sub16 feminina
CH Coruña “A” Campión
CH Coruña “B” medalla de bronce

Cat sub 16 masculina
CH Coruña “A” campión
CH Coruña “B” 4. clasificado

Cat sub 18 feminina
CH Coruña 4. clasificado

Cat sub18 masculina
CH Coruña Campión

Destacada actuación dos conxuntos da entidade herculina, que triunfaron en tres das catro categorías disputadas.
Se a estas vitorias sumamos o dobrete conseguido nos pasados Copas S.M. Do Rei e Da Raíña, o balance coruñés é histórico, nunca visto, con triunfos en cinco das seis categorías nas que celebran ctos. nacionais por equipos nunha tempada.

Publicacións similares