O CH Coruña, dobre campión da Liga Nacional 2024 de Halterofilia

O sábado 23 de outubro rematou a Liga Nacional Absoluta Masculina e Feminina de Halterofilia, coa celebración da súa cuarta e última fase. Os equipos masculino A e feminino A do Club Halterofilia Coruña situáronse no primeiro posto das respectivas Divisións de Honra despois da terceira xornada. Os masculinos cunha vantaxe importante, as femininas cunha diferenza mínima dun punto Sinclair. Nesta última fase ambos equipos realizaron unha gran competición e finalmente conseguiron manter e aumentar a súa vantaxe, proclamándose campións en ambos sexos. Esta cuarta fase á súa vez foi Play Off, clasificatoria para a Copa S. M. O Rei e A Raíña, Campionato de España de Clubs, ao cal ademais dos dous equipos campións das Divisións de Honra das Ligas, conseguiu a clasificación o equipo B masculino do club coruñés tamén, sendo o único club de España que delega tres conxuntos (2 masculinos e 1 feminino) no top12, que son os participantes da final en ambos sexos.

O podio da División de Honra Masculina:

  • CH Coruña                   6.964 pts
  • CH Molins De Rei       6.921 pts
  • CD Halter El Ejido       6.768 pts

O podio da División de Honra Feminina:

  • CH Coruña                  4.521 pts
  • Club Huelva 2013      4.439 pts
  • LPV Melilla                 4.236 pts

Publicacións similares