CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB-15 DE HALTEROFILIA

Yokeiry Rodríguez, tres veces subcampiona

Este fin de semana, as nosas novas promesas desprazáronse á cidade de León onde, no Palacio de Congresos e Exposicións, celebrouse o Campionato de España sub-15.

A competición, debido á avalancha de participantes, prolongouse durante toda a xornada do sábado e domingo desde as 9:00 da mañá.

Inscribíronse 135 deportistas, 79 mulleres e 56 homes de todo o territorio nacional, unicamente os que nas fases previas establecesen as marcas mínimas vixentes para este campionato. O Club Halterofilia Coruña desprazou unha delegación formada por 6 levantadores, 3 mulleres e 3 homes.

Estes foron os resultados e clasificacións dos nosos representantes nas modalidades de arrancada, dous tempos e total olímpico respectivamente:

  • Cat. 64 kgs -> Camino Coira 52(5) 64(4) 116(4) / Judit Álvarez 38(6) 40(7) 78(7)
  • Cat. +81 kgs -> Yokeiry Rodríguez  55(plata) 74(plata) 129(plata)
  • Cat. 49 kgs -> Diego Martínez  42(5) 52(6) 94(6)
  • Cat. 67 kgs -> Luis Álvarez 66(5) 85(5) 151(5)
  • Cat. 89 kgs -> Rubén Valiña 58(5) 72(5) 130(5)

Publicacións similares