CAMPIONATO DE ESPAÑA POR CLUBES MASCULINO – LXVII COPA S.M. O REI / CAMPIONATO DE ESPAÑA POR CLUBES FEMININO-XXVIII COPA S.M. A RAINHA
Este sábado 23 de novembro, no Pavillón Municipal de El Ejido celebráronse dous campionatos nacionais: o CAMPIONATO DE ESPAÑA POR CLUBES MASCULINO – COPA S.M. O REI e o CAMPIONATO DE ESPAÑA POR CLUBES FEMININO – COPA S.M. A RAINHA.
En ambos participaron 24 equipos, 12 por categoría, que se clasificaron dos 18 equipos participantes no Play Off da Liga Nacional Absoluta.
O CH Coruña conseguiu delegar tres equipos para a final: o feminino e os equipos A e B masculinos, sendo o único club con tres combinacións participantes.
O club herculino xa gañou doce veces a proba en ambas categorías. Nas tres últimas ocasións, en Oviedo (2021), en Ourense (2022) e en Cullera (2023), conseguiu o dobrete: tanto o equipo masculino como o feminino do club herculino alzaron o trofeo.
Foi unha gran xornada para os nosos equipos, xa que os masculinos proclamáronse subcampións e as femininas alzaron o trofeo de S.M. A Raíña.
Na categoría masculina, os nosos non puideron co combinado catalán de Molíns del Rey liderado polo medallista mundial Marcos Ruiz, pero venceron ao conxunto local Halterejido, que contaba cos irmáns da selección nacional David (olímpico) e Manuel Sánchez nas súas filas.
O equipo B masculino rematou no meritorio noveno posto entre os doce mellores de España.
Logo chegou a quenda do equipo feminino, que demostrou que, por agora, non hai club en España que poida cuestionar a súa superioridade: gañou cunha vitoria aplastante, sacándolles case 100 puntos Sinclair ao segundo clasificado, o ATC Gandia, e ao terceiro, o CH Huércal.
Na clasificación xeral individual, a deportista do CH Coruña Eduarda Souza logrou a mellor marca do campionato feminino.
Con este triunfo na Copa da Raíña, o CH Coruña acadou un rexistro histórico: 13 triunfos no cómputo da historia destas Copas do Rei e da Raíña, número de vitorias récord. O segundo e o terceiro posto deste ranking son para o Real Madrid e o Tenerife, ambos con 12 títulos.
A composición dos nosos equipos foi a seguinte:
- Masculino A: Alejandro Méndez, Jacobo Montero, Víctor Castro, Miguel Portasio e Martín Liste.
- Masculino B: Diego Viera, José París, Darío Barros, Tiago Larramendi e Peter Nagy.
- Feminino: Paula Canedo, Irene Martínez, Irene Blanco, Ruth Fuentefría e Eduarda Souza.