CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB-17 DE HALTEROFILIA

15 medallas (9 de ouro) para o Club Halterofilia Coruña

Este fin de semana, as nosas xoves promesas puxeron rumbo a Toledo, onde no Polideportivo de Olías del Rey se celebrou o Campionato de España sub-17.

A competición, debido á gran cantidade de participantes, estendeuse durante todo o sábado e domingo desde as 9 da mañá. Inscribíronse 197 deportistas, 105 mulleres e 92 homes de todo o país, só aqueles que nas fases previas alcanzaran as marcas mínimas para este campionato.

O Club Halterofilia Coruña levou unha delegación de 17 levantadores, 8 mulleres e 9 homes. Estes foron os resultados e clasificacións dos nosos representantes nas modalidades de arrancada, dous tempos e total olímpico respectivamente:

  • Cat 55 kgs
    • Amaya Puga  48(12) 54(17) 102(16)
  • Cat 59 kgs
    • Leticia Cuns 53(13) 71(9) 124(11)
  • Cat. 64 kgs
    • Camino Coira 48(10) 62(9) 110(10)
    • Amarachi Uhomwonsere 51(6)  62(10) 113(8)
  • Cat. 71 KGS
    • Sariah Taibo 55(6) 69(4) 124(5)
  • Cat. 81 KGS
    • Digna Silo 83(ouro) 100(ouro) 183(ouro)
  • Cat. +81 kgs
    • Yokeiry Rodríguez  56(7) 76(6) 132(7)
    • Johana Osayande 72(ouro) 95(ouro) 167(ouro)
  • Cat. 55 kgs
    • Aris Salaño  80(prata) 94(prata) 174(prata)
  • Cat. 67 kgs
    • Luis Álvarez 68(11) 87(10) 155(10)
  • Cat. 73 kgs
    • Carlos Roibal  86(7) 100(11) 186(11)
  • Cat. 81 kgs
    • Cesar Mosquera  81(12) 95(13) 176(13)
    • Marcos Lorenzo  82(11) 100(12) 182(11)
    • Ezequiel Granado 88(8) 120(6) 208(6)
    • Iker Barreto  83(10) 110(7) 193(8)
  • Cat. 89 kgs
    • Daniel García  105(prata) 131(bronce) 236(plata)
  • Cat. 102 kgs
    • Daniel Rey 110(ouro) 121(ouro) 231(ouro)

Publicacións similares