COPA SOROKSAR DE HALTEROFILIA
Budapest, a capital de Hungría, acolleu o 13 de abril a XXV edición do tradicional Trofeo Internacional Copa Soroksar de Halterofilia. Desta vez participaron equipos de 13 países, entre eles unha delegación do Club Halterofilia Coruña, formada por 4 deportistas, dous masculinos e dúas femininas. Os nosos representantes foron considerados como aspirantes ao triunfo en varias categorías e non nos defraudaron. Participaron en tres categorías e gañaron en dúas delas, quedando subcampións na terceira. Os resultados dos nosos foron os seguintes:
Categoría masculina junior: Tiago Larramendi (CH Coruña) campión con 319 puntos Sinclair. Segundo o húngaro Ferenc Csordas con 280 e terceiro Kart Viks de Estonia con 265 puntos respectivamente.
Categoría feminina sénior: Noelia García (CH Coruña) é campioa con 214 pts seguida por Giovanna Ulloa (CH Coruña) con 213 e a maltesa Kaya Curmi con 197 puntos.
Categoría masculina sénior: Alejandro Méndez subcampión con 313,50 puntos. O campión foi o letón Cristians Adzans con 313,53 puntos e o terceiro o alemán Maxim Smirnov con 296 puntos.
Pola súa banda, Tiago Larramendi estableceu récords de Galicia Juniors na categoría de 61 kgs. As súas marcas foron 94 – 114 – 208 kgs nas modalidades de Arrancada, Dos Tempos e Total Olímpico respectivamente.