CAMPIONATO DO MUNDO ABSOLUTO
RUTH FUENTEFRIA SEXTA CLASIFICADA
En Riad, Arabia Saudita celebran os Campionatos do Mundo de Halterofilia.
O luns 4 de setembro foi a quenda da categoría de 45 kgs feminina.
Entre as participantes Ruth Fuentefría, deportista do Club Halterofilia Coruña, unha debutante na selección nacional absoluta.
Ruth, con experiencia das categorías de idade inferiores, xa que entre outros logros hai dous anos foi subcampiona do mundo xuvenil en arrancada neste mesmo país, realizou unha boa competición codeándose coas mellores do mundo.
En arrancada, a súa modalidade máis forte, non a acompañou do todo a sorte.
Despois do seu primeiro intento con 67 quilos arriscou e na loita por unha medalla chegou a probar con 72 que non foi capaz levantar, clasificándose cun só intento válido no sexto posto.
Na modalidade de dous tempos, que é a súa arma menos forte, logrou realizar dous intentos válidos dos tres dispoñibles. O seu resultado, 80 quilos, récord de Galicia clasificouna sétima.
No Total Olímpico repetiu a súa clasificación de arrancada, sexta clasificada con 147 quilos, un inicio máis que prometedor para esta levantadora na máxima categoría deste deporte.



