COPA DE ESPAÑA

Víctor Castro gana bronce en Copa España

Podio para Víctor Castro con marca mínima para o Campionato de Europa Absoluto

Este domingo 2/03/2025 no Pabillón Municipal de San Antón de Murcia tivo lugar a Copa de España de Halterofilia.
Este campionato celébrase en 6 categorías: sub-15, sub-17 e absoluta masculina e feminina.
Reciben invitacións para participar en cada categoría os dez primeiros do ranking nacional anual da Real Federación Española de Halterofilia, un total de 60 deportistas.
Dende o noso Club Halterofilia Coruña aceptaron a invitación 5 levantadores:

  • Irene Martínez, Víctor Castro e Martín Liste na categoría absoluta.
  • Digna Silo na categoría sub-17.
  • Diego Martínez na categoría sub-15.

Destacada actuación a do veterano Víctor Castro, que conseguiu a medalla de bronce entre os absolutos, por detrás do actual campión do mundo Marcos Ruiz e do subcampión de Europa David Sánchez.
Ademais, coas súas marcas de 130 na modalidade de arrancada e 155 na de dous tempos, 285 no total olímpico, alcanzou a marca mínima para o Campionato de Europa Absoluto que se celebrará en Moldavia o próximo mes de abril.

Estas foron as clasificacións obtidas polos nosos deportistas:

  • Diego Martínez (sub15) 10º clasificado
  • Digna Silo (sub17) 7ª clasificada
  • Irene Martínez (absoluta) 6ª clasificada
  • Martín Liste (absoluto) 8º clasificado
  • Víctor Castro (absoluto) medalla de bronce

Publicacións similares