COPA SOROKSAR DE HALTEROFILIA

Budapest, a capital de Hungría, acolleu o sábado 5 de abril a XXVI edición do tradicional Trofeo Internacional Copa Soroksar de Halterofilia.

Esta vez participaron equipos de 15 países, entre eles unha delegación do Club Halterofilia Coruña, formada por 4 deportistas (dous homes e dúas mulleres). Os nosos representantes foron considerados aspirantes ao triunfo e non nos defraudaron.

Paula Canedo, de 18 anos e competindo na categoría júnior, non só gañou na súa categoría de idade, senón que conseguiu a mellor marca feminina de todo o campionato.

Resultados dos nosos deportistas:

Categoría masculina júnior:

  • Darío Barros (CH Coruña): subcampión con 293 puntos Sinclair.
  • Santiago Guerrero (CH Coruña): medalla de bronce con 284 puntos.

Categoría feminina júnior:

  • Paula Canedo (CH Coruña): campioa con 216 pts (mellor marca feminina do campionato).
  • Carol Abeleiraterceira clasificada con 171 puntos.

As marcas de Paula foron:

  • 82 kg en arrancada.
  • 102 kg en dous tempos.
  • Total olímpico184 kg (cun peso corporal de 76,8 kg).

Publicacións similares