CAMPIONATO DE EUROPA SUB-23 DE HALTEROFILIA

Ruth Fuentefría, 5ª e 6ª nas súas novas categorías

En Durrës, Albania, estase a celebrar nestes días o Campionato de Europa Sub-23 de Halterofilia.

Dúas deportistas do Club Halterofilia Coruña forman parte da selección nacional participante no evento: Ruth Fuentefría e Irene Blanco.

Hoxe tocou a quenda a Ruth, quen estreou nova categoría dobremente: despois dos éxitos acadados na de 45 quilos junior (sub-20 anos), comeza nova etapa na de -48 quilos de peso corporal e sub-23 anos.

A nosa deportista de 21 anos entrou con bo pé nas súas novas categorías:

  • Conseguiu un 5º posto na modalidade de arrancada con 69 quilos.
  • Acadou dous 6ºs postos na de dous tempos e total olímpico con 80 e 149 quilos respectivamente.

A campioa da categoría foi a turca Altún Ganze, seguida pola rusa Elizaveta Zhatkina e a salmantina Marta García, quen acadou a medalla de ouro na modalidade de arrancada.

O domingo competirá Irene Blanco na categoría de 77 quilos.

Publicacións similares