CAMPIONATO DE EUROPA SUB-15 E SUB-17 DE HALTEROFILIA

DIGNA SILO TRIPLE SUBCAMPIOA DE EUROPA

Na cidade moldava de Chisinau celebran estes días os Campionatos de Europa sub-15 e sub-17. Para o evento foron seleccionadas dúas deportistas do Club Halterofilia Coruña, ambas na categoría de peso corporal de +81 quilos.
Hoxe, sábado foi a quenda das dúas, Digna Silo competiu na categoría de idade sub-15 e Paula Canedo na de sub-17.
Primeira para pasar pola tarima de competición foi Digna e fixoo a lo grande.
Foi debutante na selección española pero iso non se notou na súa actuación. Con seguridade recolleu as tres medallas de prata da categoría, en Arrancada, Dous Tempos e Total Olímpico respectivamente. As súas marcas foron 75 quilos en arrancada, 92 en dous tempos e 167 no Total Olímpico, todos novos récords de España sub-15. A deportista herculina bateu 4 veces os récords de España durante a competición.
A gañadora da categoría foi a italiana Sara Dal e ao terceiro chanzo do podio subiron a romana Ecaterina Cismanescu (dous tempos e total olímpico) e a polaca Mariana Gora en Arrancada.
Na seguinte quenda do campionato participou a nosa outra representante, Paula Canedo. Ela é unha deportista internacional con experiencia, xa que nos últimos dous anos volveu con medallas dos campionatos de Europa da súa categoría.
Esta vez, despois dunha dura competición, tivo que conformarse con tres quintos postos.
As súas marcas que lle otorgaron estas clasificacións foron 78, 100 e 178 na modalidade de arrancada, dous tempos e total olímpico respectivamente.
As tres primeiras foron: Tuana Suren de Turquía, Hanna Kalashnyk e Sofía Kozak, ambas de Ucraína.

Publicacións similares