CAMPIONATO DO MUNDO ABSOLUTO DE HALTEROFILIA

VÍCTOR CASTRO DECIMOTERCEIRO

En Riad, Arabia Saudita están celebrándose os Campionatos do Mundo de Halterofilia. Hoxe, na categoría de peso corporal de -67 quilos competiu o noso representante, Víctor Castro.

Ao deportista do CH Coruña tocoulle o turno no grupo B da súa categoría.

En arrancada, a súa modalidade máis forte, non lle acompañou a sorte, os 125 quilos do seu peso inicial só os realizou co seu segundo intento.

Logo volveu fallar co terceiro movemento con 130 quilos. Este resultado deulle o terceiro posto no seu grupo e o decimosegundo no cómputo de todos da súa categoría.
Na modalidade de dous tempos conseguiu dous válidos, os 150 quilos levantados clasificárono 7º no seu grupo e 17º entre todos os participantes.

As súas clasificacións no total olímpico (275 quilos) foron: quinto no grupo B e o posto 13 no ránking xeral. Dado que o obxectivo de Víctor antes de emprender viaxe á capital saudita foi finalizar entre os top 20, o resultado alcanzado en canto á clasificación é excelente, a mellor clasificación da súa carreira nos mundiais absolutos.

O podio foi:

  • Chen Lijun (China) 333 quilos
  • Irawan Eko (Indonesia) 322 quilos
  • Sahakyan Gor (Armenia) 312 quilos

Esta mesma xornada pola mañá, no grupo D da categoría de -59 quilos feminina competiu a terceira representante coruñesa deste mundial, Irene Martínez.

Na modalidade de arrancada finalizou segunda do seu grupo con 88 quilos. Na outra modalidade, a de dous tempos, na loita por unha boa clasificación, arriscouse demasiado co seu peso inicial de 105 quilos.

Fallounos dúas veces igual que o seu último intento con 106, quedando así sen resultado final no total olímpico.

A súa clasificación final na modalidade de arrancada non se saberá ata mañá pola noite, cando finalicen as competicións da súa categoría.

Publicacións similares