CAMPIONATO DE EUROPA XÚNIOR E SUB-23 DE HALTEROFILIA

Bronce en Arrancada para Ruth Fuentefria

Na capital de Romanía, Bucarest, celebran estes días os Campionatos de Europa Xúnior (ata vinte anos) e sub-23. Para o evento foron seleccionadas dúas deportistas do Club Halterofilia Coruña, a Xúnior Ruth Fuentefría e a sub-23 Irene Blanco.
Hoxe, mércores foi a quenda de Ruth, quen competiu na categoría de peso corporal de 45 quilos.
A nosa deportista, medallista nos pasados europeos e mundiais xuvenil e xúnior, tivo unha excelente actuación na modalidade de arrancada. Conseguiu a medalla de bronce con 68 quilos, detrás da turca Cansu Bektas (70 quilos) e a salmantina Marta García (69).
Na modalidade de dous tempos, tradicionalmente a súa modalidade máis “feble”, esta vez saíulle unha competición impecable: 3 válidos, 79 quilos, marca persoal o que a situou no cuarto posto tanto nesta modalidade como no total olímpico cos seus 147 quilos, neste último a tan só 1 quilos do podio.
O podio de dous tempos foi Bektas con 85, a turca Altun Ganze con 84 e Marta García con 83.
No total olímpico Bektas (155), Marta (152) e Altun (148)

O próximo mércores será a quenda para Irene Blanco na categoría de 87 quilos.

Publicacións similares