Campionato de España sub-15 de HALTEROFILIA

O Club Halterofilia Coruña subcampión masculino

Esta fin de semana as nosas novas promesas desprazáronse a Cullera (Valencia) onde no Pavillón Municipal se celebrou o Campionato de España sub-15.

A competición prolongouse durante toda a xornada do sábado desde as 09:00 da mañá ata as 21:00 horas.

Inscribíronse 105 deportistas, 67 femininas e 38 masculinos de todo o territorio nacional, unicamente os que nas fases previas estableceran as marcas mínimas vixentes para este campionato. O Club Halterofilia Coruña desprazou unha delegación formada por 7 levantadores, 2 femininas e 5 masculinos.

Estes foron os resultados e clasificacións dos nosos representantes nas modalidades de arrancada, dous tempos e total olímpico respectivamente:

CategoríaDeportistaArrancada (Clasif.)Dous Tempos (Clasif.)Total Olímpico (Clasif.)
Cat. 53 kgsUxía Gerpe36 (12)43 (13)79 (12)
Cat. 63 kgsJudit Álvarez41 (8)51 (9)92 (8)
Cat. 52 kgsDiego Martínez58 (Prata)72 (Prata)130 (Prata)
Cat. 56 kgsAlessandro Hortet52 (5)60 (6)112 (6)
Cat. 60 kgsSamuel Leis52 (6)72 (5)124 (6)
Cat. 65 KGSDavid Novo52 (5)65 (5)117 (5)
Cat. 88 kgsRubén Valiña70 (Bronce)85 (Bronce)155 (Bronce)

Exportar a Hojas de cálculo

En canto á clasificación por equipos, o CH Coruña masculino subiu ao segundo chanzo do podio. O campión foi a Escola Tinerfeña e o terceiro o Halteromad de Madrid.

Publicacións similares