O Campionato de España Absoluto de Halterofilia deixa 17 medallas para o CH Coruña

Este pasado fin de semana celebrouse no Club Natación Helios de Zaragoza o Campionato de España Absoluto masculino e feminino de halterofilia, un evento que reuniu a 172 levantadores de todo o territorio nacional (79 homes e 93 mulleres). Para participar, os deportistas tiveron que superar unhas marcas mínimas, que este ano foron máis esixentes que en edicións anteriores.

O CH Coruña estivo representado por un total de 11 deportistas, 6 masculinos e 5 femininas, que lograron un impresionante palmarés de 17 medallas.


Resultados destacados do CH Coruña:

A continuación, detállanse as clasificacións por modalidades (arrancada, dous tempos e total olímpico) dos nosos deportistas:

  • Categoría 65 KGS
    • Tiago Larramendi: 105 (bronce en arrancada), 125 (4º en dous tempos), 230 (bronce en total olímpico).
    • Víctor Castro: 115 (ouro en arrancada), 135 (ouro en dous tempos), 250 (ouro en total olímpico).
  • Categoría 71 KGS
    • Alejandro Méndez: 90 (11º en arrancada), 125 (10º en dous tempos), 215 (11º en total olímpico).
  • Categoría 79 KGS
    • Diego Viera: 105 (16º en arrancada), 130 (16º en dous tempos), 235 (17º en total olímpico).
  • Categoría 88 KGS
    • Jacobo Montero: 125 (8º en arrancada), 155 (7º en dous tempos), 280 (7º en total olímpico).
    • Martín Liste: 143 (4º en arrancada).
  • Categoría 48 KGS
    • Ruth Fuentefria: 70 (prata en arrancada), 80 (4ª en dous tempos), 150 (bronce en total olímpico).
  • Categoría 63 KGS
    • Irene Martínez: 82 (prata en arrancada), 100 (prata en dous tempos), 182 (prata en total olímpico).
  • Categoría 77 KGS
    • Paula Canedo: 83 (bronce en arrancada), 100 (7ª en dous tempos), 183 (4ª en total olímpico).
  • Categoría 86 KGS
    • Digna Silo: 84 (bronce en arrancada), 107 (prata en dous tempos), 191 (prata en total olímpico).
    • Irene Blanco: 90 (ouro en arrancada), 110 (ouro en dous tempos), 200 (ouro en total olímpico).

Próximos desafíos internacionais

Este campionato serviu como un importante control de forma deportiva para varios atletas. Digna Silo utilizouno como preparación para o Campionato de Europa Sub-17, que se celebrará en Madrid dentro de cinco semanas. Pola súa banda, Irene Blanco e Ruth Fuentefria, esta última recuperada dunha longa lesión, conseguiron a marca mínima de participación para o próximo Campionato de Europa Sub-23.

Parabéns a todo o equipo do CH Coruña polos seus excelentes resultados!

Publicacións similares