CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB-17 DE HALTEROFILIA


Digna Silo e Daniel Rey campións de España

Esta fin de semana as nosas novas promesas desprazáronse a Madrid, onde no Pavillón Municipal Cerro Almodóvar se celebrou o Campionato de España sub-17.

A competición, debido ao gran número de participantes, prolongouse durante toda a xornada do sábado e domingo desde as 08:00 da mañá.

Inscribíronse 164 deportistas, 88 femininas e 75 masculinos de todo o territorio nacional, autorizados unicamente os que nas fases previas estableceran as marcas mínimas vixentes para este campionato. Estas marcas mínimas, por decisión da federación nacional, aumentaron respecto ao ano anterior.

O Club Halterofilia Coruña desprazou unha delegación formada por 11 levantadores, 6 femininas e 5 masculinos.

Estes foron os resultados e clasificacións dos nosos representantes nas modalidades de arrancada, dous tempos e total olímpico respectivamente:

Categoría Feminina

  • Cat. 63 kgs
    • Camino Coira: 55(8) 67(6) 122(6)
  • Cat. 69 kgs
    • Amarachi Uhomwonsere: 54(7) 68(7) 122(6)
    • Sariah Taibo: 56(6) 64(8) 120(7)
  • Cat. +77 kgs
    • Digna Silo: 85(ouro) 100(ouro) 185(ouro)
    • Yokeiry Rodríguez: 63(5) 83(5) 146(5)
    • Johana Osayande: 73(bronce) 95(bronce) 168(bronce)

Categoría Masculina

  • Cat. 71 kgs
    • Luis Álvarez: 77(9) 95(11) 172(10)
  • Cat. 79 kgs
    • Marcos Lorenzo: 82(8) 100(8) 182(8)
  • Cat. 88 kgs
    • Cesar Mosquera: 90(6) – –
    • Daniel García: 112(bronce) 130(4) 242(4)
  • Cat. 98 kgs
    • Daniel Rey: 102(ouro) 110(prata) 212(ouro)

O campionato serviu como selección para o Campionato de Europa sub-17 que se celebrará en Madrid do 23 ao 30 do vindeiro mes de xullo. Estamos á espera da decisión da dirección técnica da Federación Española de Halterofilia.

Publicacións similares