CAMPIONATO DE EUROPA SUB-23
Irene Blanco dous bronces no campionato de Europa sub-23
Na capital de Romanía, Bucarest, celebran estes días os Campionatos de Europa sub-23. Para o evento foi seleccionada a deportista do Club Halterofilia Coruña, Irene Blanco Tarela.
Hoxe, mércores foi a quenda de Irene, quen competiu na categoría de peso corporal de 87 quilos.
A nosa deportista, medallista nos pasados europeos e mundiais xuvenil e xúnior, tivo unha boa actuación na modalidade de arrancada. Conseguiu o cuarto posto con 95 quilos, detrás da húngara Veronica Mityko (100 quilos), a romana Alexandra Alexe e a armenia Liana Gyuryian, ambas con 96 quilos.
Na modalidade de dous tempos saíulle unha competición impecable e conseguiu remontar: todos os 3 intentos válidos chegando ata 118 quilos, o que a situou no terceiro posto, medalla de bronce tanto nesta modalidade como no total olímpico cos seus 213 quilos.
O podio de dous tempos foi Gyuryian ouro (125), Alexe prata (120) e Irene bronce (118).
No total olímpico Gyuryian ouro (221), Alexe prata (216) e Irene bronce con 213.




