CAMPIONATO DE ESPAÑA ABSOLUTO DE HALTEROFILIA

13 medallas para o CH Coruña

Esta fin de semana no recinto do Expourense celebrouse o Campionato de España Absoluto masculino e feminino de halterofilia. No evento tomaron parte un total de 198 levantadores (94 masculinos e 104 femininas) do territorio nacional, os que nas fases previas conseguiron as marcas mínimas establecidas para este campionato. O CH Coruña estivo representado por 10 deportistas, 7 masculinos e 3 femininas. Das mulleres faltaron dúas internacionais do club herculino, ambas por lesión, quen de antemán loitarían polo título nacional: Ruth Fuentefria da categoría de 49 quilos e Irene Blanco da categoría de 76. A terceira internacional, Irene Martínez, si participou na categoría de 59 quilos a pesar das molestias na súa cadeira, pero non puido rematar a competición debido á mesma. Estes son os resultados coas clasificacións nas modalidades de arrincada, dous tempos e total olímpico:

  • Cat. 55 kgs Aris Salaño 75(prata) 91(prata) 167(prata)
  • Cat. 61 KGS Tiago Larramendi 90(5) 111(5) 201(5)
  • Cat. 67 kgs Victor Castro 115(ouro) 143(ouro) 258(ouro)
  • Cat. 73 kgs Alejandro Méndez 100(17) 135(9) 235(13)
  • Cat. 81 kgs Diego Viera 110(14) 135(13) 245(14)
  • Cat. 89 KGS Jacobo Montero 127(9) 155(11) 282(10)
  • Cat. 96 kgs Martín Liste 176(2)
  • Cat. 81 kgs Digna Silo 79(3) 92(3) 171(3)
  • Cat. 87 kgs Paula Canedo 76(2) 93(2) 169(2)

Para Digna Silo isto foi o último control de forma deportiva antes do seguinte Campionato de Europa sub-17 que se celebrará dentro de dúas semanas en Grecia. Destacar, ademais dos subcampionatos dos mozos de categoría xuvenil Aris Salaño e Paula Canedo, a vitoria de Víctor Castro que despois de 8 anos volveu subir ao máis alto do podio conseguindo o seu cuarto título nacional.

Publicacións similares