CAMPIONATO DE EUROPA SUB-17 DE HALTEROFILIA

Na cidade grega de Salónica celebran estes días os Campionatos de Europa sub-17. Para o evento foi seleccionada a deportista do Club Halterofilia Coruña, Digna Silo Mangue.
Sábado 22 foi a quenda de Digna, quen competiu na categoría de peso corporal de 81 quilos.
A nosa deportista, subcampioa de Europa na categoría sub-15 o ano pasado, nesta tempada ascendeu unha categoría de idade e tócalle competir entre as súas rivais de 17 anos. Tivo unha boa actuación na modalidade de arrancada. Realizou todos os seus tres intentos válidos, levantou 81 quilos que supón marca persoal para ela e conseguiu o cuarto posto detrás da polaca Machniewska (86 quilos), a turca Pehlivan (83) e a rumana Cismanescu (82).
Na modalidade de dous tempos os xuíces tomaron protagonismo nos seus dous primeiros intentos aparentemente válidos, anulando ambos tras levantar Digna os 93 quilos. Ao terceiro déronlle válido e eses 93 quilos clasificaron a nosa deportista no sexto posto da modalidade, e no quinto do Total Olímpico cos 174 que dan a suma das marcas conseguidas en arrancada e dous tempos.
O podio de dous tempos foi Pehlivan (109), Machniewska (108) e a turca Sevim (106).
No total olímpico Machniewska (194), Pehlivan (192) e Sevim (185).

Publicacións similares

  • CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB-17 DE HALTEROFILIA

    17 medallas para o Club Halterofilia Coruña Este fin de semana as xoves promesas de Galicia desprazáronse a Xixón onde no Palacio Municipal de Deportes celebrouse o Campionato de España sub-17. A competición, debido á avalancha de participantes, prolongouse durante toda a xornada do sábado e domingo desde as 09:00 da mañá. Inscribíronse 186 deportistas,…

  • COPA SOROKSAR DE HALTEROFILIA

    Budapest, a capital de Hungría, acolleu o sábado 5 de abril a XXVI edición do tradicional Trofeo Internacional Copa Soroksar de Halterofilia. Esta vez participaron equipos de 15 países, entre eles unha delegación do Club Halterofilia Coruña, formada por 4 deportistas (dous homes e dúas mulleres). Os nosos representantes foron considerados aspirantes ao triunfo e non nos defraudaron. Paula Canedo, de 18 anos…

  • COPA DE ESPAÑA 2023

    Este sábado 26 de agosto no CAR de León tivo lugar a Copa de España de Halterofilia.Este campionato celébrase en 6 categorías: sub-15, sub-17 e absoluta masculino e feminino.Foi a primeira vez que se organizaron todas estas categorías nunha soa xornada, xa que ata agora os absolutos competiron en concurso separado.Están convidados para participar os…

  • COPA DE ESPAÑA

    Víctor Castro gana bronce en Copa España Podio para Víctor Castro con marca mínima para o Campionato de Europa Absoluto Este domingo 2/03/2025 no Pabillón Municipal de San Antón de Murcia tivo lugar a Copa de España de Halterofilia.Este campionato celébrase en 6 categorías: sub-15, sub-17 e absoluta masculina e feminina.Reciben invitacións para participar en…

  • COPA DE ESPAÑA

    Este sábado 20/04/2024 no Centro de Tecnificación de Halterofilia de Tenerife tivo lugar a Copa de España de Halterofilia.Este campionato celébrase en 6 categorías: sub-15, sub-17 e absoluta masculino e feminino.Reciben invitacións para participar en cada categoría os dez primeiros do ranking nacional anual da Real Federación Española de Halterofilia, un total de 60 deportistas.Desde…

  • TERCEIRO DOBRETE CONSECUTIVO DO CLUB HALTEROFILIA CORUÑA

    CAMPIONATO DE ESPAÑA POR CLUBES MASCULINO-LXVI COPA S.M. O REICAMPIONATO DE ESPAÑA POR CLUBES FEMENINO-XXVII COPA S.M. A RAÍÑA Este sábado 25/11/2023 no Pavillón Cuberto de Cullera (Valencia) celebraron dous campionatos nacionais: o CAMPIONATO DE ESPAÑA POR CLUBES MASCULINO – COPA S.M. O REI e o CAMPIONATO DE ESPAÑA POR CLUBES FEMENINO – COPA S.M….