CAMPIONATO DE EUROPA ABSOLUTO DE HALTEROFILIA

En Sofía están celebrándose estes días os Campionatos de Europa de Halterofilia. O mércores 14/02/2024 tocoulles a quenda a dous representantes do CH Coruña: Víctor Castro na categoría de peso corporal de -67 quilos e Irene Martínez na de -59 quilos.

A ambos deportistas tocoulles o turno no grupo B da súa categoría.

Primeiro competiu Irene. Ela viaxou á capital búlgara con prognóstico reservado xa que non conseguiu recuperarse de todo da lesión de cadeira sufrida o pasado mes de decembro en Catar na Copa do Mundo. Na actuación de Irene notouse a súa preparación precaria: só conseguiu realizar o primeiro dos seus tres intentos tanto en arrancada como en dous tempos e finalizou no 15º posto nas tres modalidades, arrancada, dous tempos e total olímpico.

As súas marcas foron 83 – 94 – 177, lonxe dos seus mellores rexistros persoais.

Mellor sorte tivo Víctor, quen realizou todos os seus tres intentos válidos en arrancada e dous máis en dous tempos que lle deron boas clasificacións: 8 – 11 – 11 en arrancada, dous tempos e total olímpico respectivamente.

As marcas de Víctor foron 133 – 150 – 283

Publicacións similares