TERCEIRO DOBRETE CONSECUTIVO DO CLUB HALTEROFILIA CORUÑA
CAMPIONATO DE ESPAÑA POR CLUBES MASCULINO-LXVI COPA S.M. O REI
CAMPIONATO DE ESPAÑA POR CLUBES FEMENINO-XXVII COPA S.M. A RAÍÑA
Este sábado 25/11/2023 no Pavillón Cuberto de Cullera (Valencia) celebraron dous campionatos nacionais: o CAMPIONATO DE ESPAÑA POR CLUBES MASCULINO – COPA S.M. O REI e o CAMPIONATO DE ESPAÑA POR CLUBES FEMENINO – COPA S.M. A RAÍÑA.
En ambos participaron 24 equipos, 12 por sexos, os que se clasificaron dos 18 – 18 equipos participantes do Play Off da Liga Nacional Absoluta.
Galicia estivo representada polos combinados masculinos do CH Coruña e CH Ourense e dous equipos femininos, A e B do Club Halterofilia Coruña.
O club herculino foi xa dez veces gañador da proba en ambos sexos. As dúas últimas veces, en Oviedo (2021) e en Ourense (2022) conseguiron o dobrete: tanto o equipo masculino como o conxunto feminino do club herculino conseguiron alzar o trofeo. Outro éxito do club coruñés é o logro de clasificar dous equipos para a final da Copa da Raíña: O CH Coruña “B” finalizou no cuarto posto do Play Off e puido acompañar ao equipo “A” na final.
Foi unha gran xornada dos equipos herculinos xa que tanto os masculinos como as femininas alzaron o trofeo de S.M. O Rei e A Raíña respectivamente.
Na categoría masculina venceron diante do andaluz Halterejido quedando terceiro o melillense Olimpo Fenix.
Entre as femininas o segundo foi o catalán Blanes subindo ao terceiro posto o andaluz Huelva 2013.
Isto é o sétimo triunfo de Copa para os masculinos e a quinta para as femininas coruñesas.
É a cuarta vez que conseguen o dobrete, despois dos éxitos dos anos 2017 e 2021 e 2022.
Un fito na halterofilia nacional, xa que ningún club ata agora conseguiu tres dobletes consecutivos.
O equipo B feminino coruñés finalizou no oitavo posto e o masculino CH Ourense ocupa o posto 11 da clasificación.
Na clasificación xeral individual a deportista do CH Coruña Eduarda Souza logrou a mellor marca do campionato feminino, o segundo mellor rexistro é para a súa compañeira Irene Martínez.
Durante a competición a coruñesa Digna Silo, compoñente do equipo B coruñés, estableceu dous récords de España sub15 na modalidade de dous tempos (95 quilos) o total Olímpico (170 quilos).
Os compoñentes dos equipos foron:
Masculinos:
- Diego Viera
- Jacobo Montero
- Martín Liste
- Víctor Castro
- Peter Nagy
Femininas:
- Irene Martínez
- Irene Blanco
- Noelia Garcia
- Eduarda Souza
- Ruth Fuentefria
Equipo B feminino:
- Dariana Arancibia
- Jennifer Tocuyo
- Paula Canedo
- Digna Silo
- Giovanna Ulloa










































